De conformidade co previsto no artigo 13.2 da Lei Orgánica 5/1995, reguladora do Tribunal do Xurado, faise público para xeral coñecemento que o censo electoral de candidatos/as a xurados permanecerá exposto ao público na Secretaría do Concello entre os días 23 e 29 de setembro, ambos inclusive. O sorteo público terá lugar o día 30 de setembro en Pontevedra.

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo da compañía de teatro Malasombra o vindeiro venres 11 de setembro ás 20:00 horas no Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares”. Presenta a súa obra de teatro “Bernarda”. “BERNARDA” é unha historia próxima, comprensible e universal. Todos coñecemos no noso entorno a alguén como Bernarda e todos temos un pouco de Bernarda no noso interior, porque ese choque xeracional entre pais e fillos é unha constante universal, e, dependendo de…

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo do Mago Teto o vindeiro venres 4 de setembro ás 20:00 horas na Praza do Parque. Presenta o seu espectáculo de maxia “Novas tolemaxias”. ¨Novas tolemaxias” do Mago Teto é un espectáculo onde o mago intenta facer realidade os seus soños. Son unha serie de ilusións na busca de ofrecer algo máis que unha serie de trucos, buscan chegar ás emocións dos asistentes. Alianzas que desaparecen para aparecer nos…

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo de Fran Campos, dde Hermanager Producións, o vindeiro venres 28 de agosto ás 20:00 horas na Praza do Parque. Presenta a súa sesión de contos tradicionais “Filipa cos contos”. “FILIPA COS CONTOS Sesión de contos tradicionais, populares e inventados. Con música e cancións en directo para contar e cantar. Conta con dous narradores: un actor e contador, Fran, e un monicreque que manexa o propio actor: Filipa. Entre os…
Dende o 9 de agosto está aberto o prazo para a tramitación das becas xerais do Ministerio de Educación e Formación Profesional, destinadas a aqueles estudantes de niveis postobrigatorios: formación profesional, bacharelato, ensinanzas artística e deportivas, escolas oficiais de idiomas e estudos universitarios, entre outros. O prazo de presentación remata: – O 1 de outubro para estudos non universitarios – O 15 de outubro para universitarios A tramitación da beca realízase a través de formulario on-line no seguinte enlace: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html…
A Deputación de Pontevedra concedeu, por resolución da Xunta de Goberno do día 31.01.2020, unha axuda financieira ao Concello de Rodeiro por imprte de 116.226,60€ destinada á contratación laboral de 16 desempregados/as para a prestación de servizos mínimos de competencia municipal, de interese xeral ou social. Por mor da situación de emerxencia sanitaria e crise provocada pola aparición do virus COVID, na XGL do día 23.06.2020 acordouse solicitar unha modificación desta axuda, tendo en conta a afectación do calendario de…