Parroquias
O territorio comprendido no actual término municipal de Rodeiro foi formándose ó longo dos últimos séculos nun largo proceso onde o máis destacable é a alternancia dalgunha das súas parroquias entre as provincias de Lugo e Pontevedra.
No Antigo Réxime, o concello de Rodeiro estaba formado pola maior parte das parroquias coas que conta hoxe en día. Estas estaban integradas na xurisdicción de Camba, coa excepción da parroquía de Salto, de xurisdicción do mesmo nome, que pertenecía a provincia de Lugo.
A súa maior parte pagaban rendas ó Arcebispado de Santiago, tamén coa excepción de Salto e Vilela, que o facían ó señorío do Mosteiro de Oseira, e de San Xoán de Camba, cuias rentas eran administradas entre o arcebispado de Santiago e a familia de D. Melchor de Camba.
Non se producen variación ata a promulgacion dos primeiros concellos constitucionais no primeiro tercio do século pasado. A partir de 1812 divídese o que hoxe se coñece como Rodeiro en catro concellos que foron: Guillar, Carboentes, Camba e Rodeiro, encadrándose, os tres primeiros, no Partido Xudicial de Chantada, e Rodeiro no de Lalín.
Esta organización durou pouco tempo pois a finais do mesmo ano xa se produce unha primeira unión entre Camba e Rodeiro que pasan a formar un único concello.
A posterior división administrativa de Jaime de Burgos en 1835, vívese un momento movido no referente a adscripción provincial de Rodeiro, xa que pasou, a golpe de decreto, de pertencer á provincia única de Galicia, á provincia de Vigo, no año 1922, para asentarse definitivamente a partir de 1834, coa división moderna e a desaparición de Vigo como provincia, na de Pontevedra.
A partir do 28 de Decembro de 1835 queda oficialmente rexistrado na provincia pontevedresa e no Partido Xudicial de Lalín. A partir desta data gózase dunha estabilidade administrativa que só será alterada por feitos puntuais como puido ser a iniciativa da parroquia de Salto que, por dúas veces, demandou a segregación do concello de Rodeiro para integrarse en Antas de Ulla (anos 1884 e 1885).
Respecto da organización eclesiástica, tódalas parroquias de Rodeiro pertenecen ó Bispado de Lugo e arciprestazgo de Camba, coa excepción de Alceme que está adscrita ó arciprestazgo de Dozón, tamén do Bispado de Lugo.

Parroquia con máis elementos monumentais-artísticos de interese. O Pazo de Trasulfe, a Tulla e a vila romana son os máis destacados, xunto coa súa rectoral e a igrexa parroquial. A vila romana excavada nos anos 70 é un exemplo caseque único de asentamento romano de interior. O xacemento arqueolóxico coñecido como “Porta de Arcos” foi excavado en 1972 polo Museo de Pontevedra, descubrindo restos dunha importante vila romana: bases de columnas, cravos de ferro, bronces do século II, valados de mampostería, cerámica, tégulas e vidro. A maior parte dos materiais atopados están depositados no Museo Provincial de Pontevedra, contando o Museo Municipal de Rodeiro cunha pequena mostra de tégulas, ladrillos, cerámica e ferramentas de ferro.
A casa do Arco e a paisaxe fluvial do río Arnego cos sistemas de regadío de cantería son os elementos máis salientables desta parroquia occidental. Xunto coas parroquias limítrofes forma parte dos territorios nos que se practica a pesca fluvial pola idoneidade dos seus ríos.

A ponte románica construída sobre o Arnego no século XII define, xunto coa tradición da extracción de pedra das súas canteiras, as señas de identidade desta parroquia. Na actualidade hai cinco canteiras abertas nas que se extrae unha pedra de grande calidade, por formar bloques sen fendas.Tamén posúe unha igrexa románica de interese, ademáis da rectoral.
Un dos centros comerciais do municipio. A feira que se celebra os 15 de cada mes ten grande tradición na zona. Aínda se conservan parte dos antigos postos de venda, os pendellos, que xunto cos seus panadeiros e os lugares de Casasoa e da Devesa, onde podemos ver dúas tradicionais casas grandes coas súas respectivas facendas, constitúen os seus lugares de maior interese turístico. Sen esquecer o castro de Casasoa. Tamén destaca a súa igrexa barroca con nave rectangular e adicada á Virxe María. Segundo a tradición, é unha das “Tres Virxes Irmás” xunto coa do Faro e a da Pena de Francia. Río foi capital municipal no ano 1876.
Exerce a capitalidade municipal. No seu núcleo urbán atópanse situados diversos servicios públicos como o Museo e a Biblioteca, a Casa do Concello, o Centro médico, a piscina, o pavillón, …etc.
Localízase ó pé da Serra do Faro, é unha das de maior altitude co concello. De ela parte o antigo camiño que leva a romería do Faro, celebración de gran fama. Lugar de paso oriental dos monxes de Oseira, ten unha igrexa románica de gran interés arqitectónico que data do século XII.