Skip to main content

Dende o Punto Limpo, o lixo poderá ser eficazmente distribuído polas diferentes plantas de tratamento específico para que lle sexa aplicado o seu particular proceso de reciclaxe e evitar, así, a excesiva contaminación.

Este innovador servizo ten o cometido de:

  • Potenciar entre toda a poboación a reutilización e a reciclaxe.
  • Aforrar recursos naturais, auga e enerxía.
  • Facilitar o tratamento axeitado de residuos especiais.
  • Terminar cos vertedoiros de lixo incontrolados.
  • Evitar a contaminación e preservar o noso contorno.

Este novo servizo encárgase da recepción e almacenamento selectivo de todos aqueles residuos que xera un municipio.

Todos aqueles cidadáns que queiran que se lles pase a recoller residuos para o Punto Limpio deben poñerse en contacto co Concello (986 79 01 85).

Información

O punto limpo móbil é un servizo municipal gratuíto que permite á cidadanía depositar certos residuos domésticos que non deben depositarse nos contedores de lixo convencionais.

Trátase dun vehículo adaptado que percorrerá as parroquias segundo o calendario establecido, achegando así os servizos de recollida selectiva de residuos á veciñanza.

Residuos admitidos

  • Calzado
  • Envases con restos de substancias perigosas
  • Fluorescentes
  • Lámpadas de descarga (Non LED)
  • Lámpadas LED
  • Obxectos metálicos
  • Pequena chatarra electrónica
  • Pequenos electrodomésticos
  • Pilas e acumuladores
  • Roupa
  • Tecidos
  • Tóner de impresión
  • Xoguetes

O punto limpo móbil só pode recibir residuos dos fogares. Non se aceptan residuos industriais ou que deban dispoñer de sistemas de xestión específicos de acordo coa lexislación.

Calendario

Calendario PUNTO LIMPO MÓBIL 2025_2026

Importante: este servizo non substitúe a recollida domiciliaria de residuos de gran volume. Para este tipo de residuos, debe empregarse o servizo correspondente.

puntolimpo-a

Os minipuntos limpos son espazos habilitados para facilitar a recollida selectiva de pequenos residuos domésticos que non deben depositarse nos colectores convencionais.

 

Residuos admitidos

  • Pequenos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos
  • Teléfonos móbiles
  • Lámpadas de baixo consumo
  • Cartuchos de impresora e tóner
  • Pilas e pequenas baterías

 

Situación

Avenida Lalín – Monforte, á altura da praza do concello.

Avenida Lalín – Monforte, á altura do cruce coa travesía da clínica.

O consumo masivo e inmediato produce unha serie de residuos permanentes e contaminantes coñecidos como Residuos Sólidos Urbanos (RSU).

Mediante un sistema de recollida selectiva de lixo, poderemos aproveitar estes residuos para destinalos a outros usos ou transformalos

Colector Vidro

· Si >> Botellas de vidro, tarros e frascos de conservas, salsas ou marmeladas,…

· Non >> Os tapóns das botellas e botes, fluorescentes e lámpadas, cerámica, botes de medicamentos, espellos ou cristais de ventás, vasos, xerras, copas de vidro…

Colector Papel

· Si >> Caixas de cartón, de cereais, galletas, froitos secos ou de zapatos (sempre pregadas), envases de papel, sobres, diarios, revistas, papel de envolver, os folletos da publicidade, ou mesmo este libriño…

· Non >> Briks e outros envases mixtos de papel e plástico, papeis moi sucios, como o papel de cociña usado, ou os manteis e panos de papel…

Colector Envases Lixeiros

· Si >> Envases de auga mineral, refrescos ou zumes, vasos de iogurt, botes de suavizante, xabrón ou deterxente, latas de bebida ou conserva, briks de leite ou zume, bolsas e envoltorios de plástico, tapóns de botellas,bandexa de porexpán…

· Non >> Aerosois, botes de pinturas ou productos químicos, pneumáticos, pequenos electrodomésticos, cepillos de dentes, luvas de goma, productos informáticos …

Colector Materia Orgánica

· Si >> Restos de verdura, froita, pescado, carne, ósos, cascas de ovos, marisco e comida sólida en xeral, restos de flores e plantas, serrín, tapóns de cortiza, manteis de papel e panos ou papel de cociña usado, compresas ou cueiros usados…

· Non >> Restos que pertenzan a outro tipo de contedor, especialmente os residuos tóxicos ou perigosos, como as pilas.

Recollida urbana de aceite de cociña usado

O concello ten asinado un convenio coa empresa “Procesadora Gallega de Alimentos S.L.” para a recollida urbana de aceite de cociña usado no Concello de Rodeiro.

Os veciños deberán depositar o aceite de cociña usado nos colectores que se encontran nas seguintes ubicacións:
– Rúa A
(á altura do Centro de Saúde).
– Avda. Lalín-Monforte de Rodeiro
(á altura da praza da Fonte e Concello).
– Rúa da Raña de Rodeiro
(á altura do restaurante As Carpinteiras).

Prégase a todos os veciños a que colaboren coa reciclaxe dese residuo contaminante, depositando periódicamente o aceite usado para cociñar nalgún dos colectores establecidos ao efecto, quedando prohibido depositar neles calquera outro tipo de aceite ou calquera outro tipo de residuo diferente.

Estatísticas da recollida de aceite usado 2008

O Concello de Rodeiro ofrece un servizo periódico de recollida de plástico agrícola por parroquias, co obxectivo de facilitar a correcta xestión dos residuos xerados nas explotación agrogandeiras e contribuír á protección do medio ambiente.

Funcionamento do servizo

A recollida realízase por parroquias, segundo un calendario rotativo. As datas concretas comunícanse á veciñanza a través das canles habituais de información municipal (bandos, redes sociais, web e outros medios locais)

Tipos de plástico que se recollen

  • Plástico de silo
  • Plástico de invernadoiro

Custe do servizo

O custe  medio por tonelada recollida é de 70 €/tn (máis IVE).

Este servizo é gratuíto para a veciñanza, grazas ao compromiso do Concello coa sustentabilidade, a economía circular e o apoio ao sector primario.

Importante

  • Os plásticos deben estar limpos de terra e restos orgánicos, atados, dobrados ou enrolados.
  • Non se recollen: garrafas, big bags, cordeis, restos de podas, pneumáticos, nin outros residuos.
  • Non está permitido deixar plástico agrícola fóra das datas indicadas.

A colaboración da cidadanía é clave para manter este servizo: entregando os plásticos limpos e nos puntos e días establecidos.

Datos de recollida

ANO CANTIDADE (Kg)
2.006 2.640
2.007 26.860
2.008 79.880
2.009 163.568
2.010 166.340
2.011 171.920
2.012 169.350
2.013 170.820
2.014 163.480
2.015 200.600
2.016 220.900
2.017 188.580
2.018 210.280
2.019 151.900
2.020 187.260
2.021 196.920
2.022 228.980
2.023 154.040
2.024 206.440

O Concello de Rodeiro lembra á veciñanza que as queimas de restos agrícolas e forestais están reguladas e deben realizarse con responsabilidade para evitar riscos de incendios.

Permisos

Para realizar queimas de restos vexetais ao aire libre é obrigatorio solicitar permiso.

O permiso pódese solicitar por:

Consulte máis información no seguinte enlace: https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/defensa-monte/permisos-queimas

Prohibicións das queimas

Non está permitido realizar queimas:

  • Durante os períodos de alto risco de incendio (normalmente entre xuño e setembro).
  • Cando a Xunta suspenda temporalmente as autorizacións.

Índice de risco diario de incendio forestal

Consulte o IRDI no seguinte enlace: https://mediorural.xunta.gal/es/temas/defensa-monte/irdi

Boas prácticas

  • Nunca deixes a queima sen vixilancia.
  • Ten sempre a man medios para apagar o lume (mangueira, cisterna con auga, sachos, etc).
  • Non queimes en días de vento ou calor extrema.
  • Sé prudente e mantén distancias de seguridade con vivendas, edificacións, estradas e masas forestais.

O Concello de Rodeiro dispón dun servizo de acollida de animais domésticos abandonados, que inclúe:

  • A retirada de animais mortos (cans e gatos) das vías públicas e estradas municipais.
  • A recollida de cans abandonados, que son trasladados ao Centro de Acollida e Protección Animal de Armenteira (Concello de Meis).

Identificación

Todos os cans deben estar identificados con microchip e inscritos no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (REGIAC).

Se o animal recollida está identificado, contactarase co seu propietario, que disporá dun prazo para recuperalo, previo abono dos gastos ocasionados.

Se o animal non é recollido nese prazo, considerarase abandonado, sen que isto exima ao propietario da responsabilidade legal polo abandono.

Animais con propietario

En ningún caso se recollerán animais con propietario sen unha causa xustificada, como situacións de risco ou desleixo grave das obrigas de coidado.

Comunicación de incidencias

Se detectas un animal abandonado ou morto nas vías públicas, comunícao ao Concello a través dos seguintes medios:

  • Teléfono: 986 79 00 09 / 986 79 01 85

Adopción

Se estás pensando en incorporar un animal de compañía á túa vida, considera a adopción. Estás ofrecendo unha segunda oportunidade a quen o necesita.

A continuación deixámosche o enlace ao centro de acollida e protección de animais:

https://caan.depo.gal/adopcion-de-animais

Datos de incidencias no municipio