Skip to main content
Novas

Campamentos A Lanzada 2026

By 2 Marzo, 2026No Comments

A Deputación de Pontevedra oferta 1.540 prazas nos campamentos de verán A Lanzada para nenos e nenas da provincia de Pontevedra nados entre os anos 2013 e 2018.

Ofértase un programa de actividades lúdico-educativas que inclúen actividades ao aire libre relacionadas coa natureza, coa lingua inglesa, coa arte, co deporte, cos xogos, coa ciencia, coa linguaxe de signos, coa igualdade de xénero e co respecto polo medio.

O programa desenvolverase entre o 21 de xuño e o 5 de setembro en 11 quendas de 7 días de duración cada unha.

O prezo desta actividade é de 110 € por neno/a e 80€ por neno/a en casos de familias numerosas ou monoparentais. Así mesmo, existen prazas gratuítas reservadas para menores en situación de risco ou exclusión social. O Concello de Rodeiro ten adxudicadas 7 prazas, das cales 2 son de inclusión.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 20 de marzo.

Toda a información sobre esta actividade e o proceso para realizar a tramitación da solicitude atópase no seguinte enlace:

https://www.depo.gal/-/campamentos-a-lanzada

Para aclarar dúbidas poden chamar ou acudir ao Servizo de Educación Familiar Municipal. Teléfono de contacto: 986790185. Correo electrónico: educadora@rodeiro.gal