O Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” de Rodeiro foi inaugurado o día 2 de xuño de 1993 polo Excmo. Sr. Presidente da Xunta de Galicia, D. Manuel Fraga Iribarne, sendo Conselleiro de Cultura D. Daniel Barata Quintás e sendo Alcalde de Rodeiro D. Manuel Lamazares Pardo.
Comezou como Casa da Cultura con Biblioteca de trinta postos de lectura e Auditorio con asentos para 96 persoas. Na actualidade o Centro Cultural engloba as seguintes dependencias: biblioteca, museo, sala de exposicións e auditorio. A todas estas dependencias municipais tentamos sacarlles o máximo proveito en termos de actividades culturais para tódolos veciños do concello, tendo en conta os limitados recursos económicos dos que dispón esta administración para actividades culturais.
De seguido, relaciónanse os servizos que se ofrecen nas dependencias do centro cultural.
BIBLIOTECA
- Atención ós usuarios que veñen á biblioteca
- Préstamo de libros
- Servizo gratuíto de Internet
- Servizo gratuito de fotocopiadora
- Información cultural do concello
- Folla das fincas rústicas extraídas do Sixpac
MUSEO
- Atención ós visitantes
- Información turística do noso Concello
SALA DE EXPOSICIÓNS
- Realización de exposicións de artistas
AUDITORIO
Actividades culturais como xornadas, conferencias, actuacións de teatro, ensaio da Coral Polifónica, ensaio do grupo de teatro de Rodeiro, ensaios do Grupo de Baile, reunións de veciños…