Novas

Concilia Rodeiro entroido 2026

By 10 Febreiro, 2026No Comments

O Concello de Rodeiro pon en marcha este programa dirixido á rapazada e mocidade con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos con prioridade para empadroados/as no noso concello.

Será un tempo de entretemento e lecer para pasar as mañás das vacacións escolares do entroido.

O seu principal obxectivo é ofertar un recurso de conciliación durante todo o período non lectivo de vacacións de entroido para unidades familiares con menores de entre 3 e 16 anos. Desta forma foméntase a corresponsabilidade entre homes e mulleres por medio de facilitar a unhas e outros a conciliación dos seus tempos persoais, familiares e laborais, ademais de proporcionar nos tempos de vacacións dos menores unha oferta de actividades lúdicas pero tamén educativas e inclusivas.

As actividades serán os días 16, 17 e 18 de febreiro de 2026.

Horario: 09:00h. a 14:00h. na aula do antiguo edificio da sindical onde se desenvolve habitualmente o Concilia.

Ábrese prazo de inscripción dende o día 10 ata o 13 de febreiro, incluído. Rematado este prazo, de quedar prazas libres, poderanse seguir inscribindo menores ata completar as 20 prazas ofertadas, aínda que non estean empadroados/as.

As actividades cobraranse en base á Ordenanza de servizos e actividades educativas por horas totais de asistencia programadas que se indicarán na folla de inscripción, podendo anotarse por días concretos.

Aqueles menores que xa participaron no programa Concilia só terán que presentar a solicitude debidamente cumplimentada e a documentación complementaria que non conste no seu expediente e que así se lle requira.

Para recibir máis información das condicións do servizo e realizar a solicitude deberase contactar co servizo de educación familiar. Teléfono: 986790185. Correo electrónico: educadora@rodeiro.gal.

Solicitude Concilia Entroido 2026 (pdf)

Share
1 / ?