Na vila de Rodeiro podemos acceder ós seguintes servizos:
- A Casa Consistorial, nela atopamos os servizos sociais, xulgado, rexistro, axente de emprego e desenvolvemento, asesoramento e tramitación administrativa e P.A.I. (punto de atención a infancia).
- O C.P.I. (centro público integrado) onde se imparte educación infantil, primaria e E.S.O (ata 16 anos).
- Protección Civil.
- O Centro cultural Manuel Lamazares onde podemos atopar a biblioteca con servizo de internet rural, o salón de actos, a ludoteca e o museo.
- Como instalacións deportivas podemos disfrutar do polideportivo, o ximnasio (aberto de 17:00 a 23:00), a piscina (só de verán), campo de fútbol de Rodeiro e o campo de fútbol de Rio.
De reminiscencias medievais e defensivas, a Casa do Concello domina a escea urbán dun conxunto de casas de pedra ben resturadas. Diversos cronistas relacionan as pedras da actual construcción coas ruínas do lexendario Palacio do Arzobispo pertencente ós Churruchaos. A fachada conta cun arco rebaixado e na parte superior destaca unha cornixa almenada con pequenos torreóns nas esquinas.