Que é?
O voluntariado no Concello de Rodeiro supón un claro exercicio de cidadanía e de participación que acada o seu máximo significado dende a solidariedade e a xustiza, como dous dos valores humanos máis importantes. O voluntariado debe ter as seguintes características:
· acción altruista e solidaria
· acción libre
· accións sen remuneración económica
Quen é?
Considérase persoa voluntaria aquela que de xeito libre, altruista e responsable, realiza actividades en favor dos demais no Concello de Rodeiro, sen ánimo de lucro e sen recibir contraprestacións económicas.
Quen pode ser?
Todas as persoas empadroadas no Concello, maiores de idade que, de maneira solidaria, queiran actuar en favor dos demais ou da sociedade. Os menores de idade tamén poden ser voluntarios sempre que estean autorizados polos seus titores.