Skip to main content

Mediante este departamento pretendemos ofrecer ao cidadán un sistema integrado de protección social orientado á prestación programada de atencións e servizos que posibiliten a mellora da calidade de vida e á participación das persoas ou grupos, especialmente de aqueles que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención, así coma á prevención e eliminación das causas que están na orixe destas situacións.

Definición

Os Servicios Sociais de Atención Primaria son aqueles que realizan unha acción social globalizadora e polivalente, dirixidos ó conxunto da poboación dun ámbito xeográfico determinado e que teñen por obxecto promover e posibilitar o desenvolvemento do benestar social de tódolos cidadáns.

Configuran o nivel básico de actuación, que actúa de maneira directa e integral sobre un espacio poboacional e teritorial reducido, constituíndo a “porta de entrada” ó Sistema. Serán prestados por equipos interdisciplinarios dependentes dos concellos ou agrupacións de concellos.

Programas básicos

Os programas básicos de actuación que se desenvolven en atención primaria, e que veñen a recoller as prestacións básicas do Plan Concertado segundo o Decreto 240/1995 do 28 de xullo polo que se regulan os servicios Sociais de Atención Primaria, son:

Programa de orientación, asesoramento e información

Programa de axuda no fogar

Programa de inserción social

Programa de animación, prevención e cooperación social

Proceso de intervención das U.T.S.

Proceso de intervención do Traballador Social

Equipos profesionais dos servicios sociais de atención primaria

* EQUIPO BÁSICO.
Está composto polos seguintes profesionais:
o Traballadores/as Sociais responsables dos programas básicos de actuación:
+ Programa de Orientación, asesoramento e información.
+ Programa de Axuda no Fogar
+ Programa de Inserción Social
+ Programa de Animación, prevención e cooperación social
+ Programa de Convivencia Alternativa
o Traballadores/as Sociais de zona ou Unidades de Traballo Social
o Persoal administrativo que realizará as funcións de apoio administrativo do servicio

* EQUIPO COMPLEMENTARIO.
Estará composto por outros profesionais que realizan as funcións de asistencia técnica para garantir a eficacia dos programas básicos dependendo das necesidades: educadores/as familiares, psicólog@s, animador/a de tempo libre, asesor/a xurídic@, técnic@ de emprego…

Funcións do traballador social

* Detección, coñecemento e valoración das necesidades sociais e recursos existentes do municipio, a través da observación, atención da demanda e a investigación.

* Planificación e programación dos recursos e servicios necesarios para atender os problemas e necesidades detectados.

* Avaliación de problemas e derivación para a atención dos mesmos cara os distintos servicios existentes cando así o requira o caso.

* Promoción da toma de conciencia polas comunidades e individuos dos seus problemas, facilitándolle-la participación nas tarefas comunitarias, impulsando o asociacionismo e fomentando actitudes e conciencia solidaria.

* Promoción do desenvolvemento local a través de información e orientación individual e colectiva, así como apoio ós grupos portadores de iniciativas, negociación con empresarios, e tódalas accións que conleven a incentivación socio-económica do municipio.

* Axuda a integración de individuos, familias e grupos que o precisen, favorecendo solucións de reinserción social, evitando situacións de marxinación e/ou exclusión social.

* Información,asesoramento, orientación e intervención técnica para resolución das situacións de necesidade e conflicto a nivel individual e colectivo.

* Xestión e tramitación administrativa de recursos e prestacións.

Este servizo encádrase dentro dos denominados servizos sociais comunitarios básicos. No Concello de Rodeiro púxose en marcha en novembro do anos 2008 e o seu persoal é unha educadora familiar. As súas funcións principais son:

– Orientación e asesoramento individualizado a nais e pais no referente á educación dos seus fillos e fillas ou á convivencia no fogar: problemas de límites e normas, rebeldía, falta de hábitos de estudo, conflictos na adolescencia…

– Detección e atención de casos de menores en situación de risco.

– Apoio ás familias en situación de dificultade ou crise.

– Orientación ás familias sobre recursos especializados de atención a menores.

– Asesoramento en casos de problemas relacionados con consumo de alcohol ou outras drogas, tanto en menores coma en adultos.

– Mediación e acompañamento ás familias para que participen nos diferentes recursos do Concello e da comunidade.

– Realización dos Encontros de Nais e Pais: actividade grupal onde se tratan temas coma a educación afectiva, promoción de hábitos saudables, educación en igualdade…

– Proxecto de educación para a saúde: desenvólvese no CPI, na etapa de ESO dentro das horas de titoría grupal de cada curso. Trabállase educación afectivo-sexual, prevención de drogodependencias.

O Servizo é totalmente gratuíto.
Para máis información: educadora@rodeiro.gal

Dentro deste ámbito desenvólvense accións encadradas en tres liñas básicas de actuación:

– Promoción da igualdade entre homes e mulleres e eliminación de desigualdades.

– Prevención e intervención integral en casos de violencia de xénero.

– Fomento da conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

A promoción da igualdade e o fomento da conciliación é un tema transversal no que se implican axentes de múltiples campos da vida do noso concello como pode ser educación, emprego, atención á primeira infancia…

A coordinación da área de igualdade pertence aos profesionais de servizos sociais municipais, dende onde se presta atención e apoio integral ás vítimas de violencia de xénero e se programan as diferentes actuación de prevención, educación… en materia de igualdade.

Así mesmo, tamén se mantén unha estreita colaboración cos servizos educativos, asociacións e recursos específicos existentes na nosa comunidade.

Para contactar e obter información, realizar consultas….:

traballadorsocial@rodeiro.gal
educadora@rodeiro.gal

Carteis 25N

2020

2019

2018

2017

2016

2015

2014

2013

2012

2011

15-f-Info_3_Idade_1Tendo en conta que a poboación de Galicia, e incluso a de España se atopa envellecida, non é de extrañar que a de Rodeiro teña esta característica tamén. Isto quere dicir que unha boa parte dos seus habitantes atópanse entre os 65 e os 98 anos de idade. Por tanto, é un bó motivo celebrar que os nosos avós e bisabós gozan dunha boa saúde, e do ánimo suficiente para acompañarnos neste festexo.

Por outra banda, a razón principal desta xuntanza é a de premiar o seu sacrificio e o seu traballo ó longo dos anos para que hoxe, os máis xóvenes, puideran disfrutar do legado que lles deixaron. Un traballo baseado na agricultura e na gandeiría, e unha minoría na industria e nos servicios; cabe destacar tamén neste apartado a importacia da emigración, dado que naquela época as familias eran moi numerosas, e as posibilidades de atopar traballo na zona eran moi reducidas, polo que moitas persoas víronse na obriga de marchar.

Por estes motivos, na organización uníronse tódolos esforzos para lograr que o día 30 de setembro fose especial para os nosos maiores.

Actos da xuntanza

16-f-Info_3_Idade_2· Recepción de autoridades
Deica ó Concello fóronse achegando ó longo da mañá as diversas personalidades que asistiron á festa para compartir cos nosos maiores un día tan importante para eles.

· Misa
Tivo lugar ás 13:00 horas no parque xunto cunha ofrenda floral á estatua que simboliza unha parella e que leva a inscripción: “Traballo, abnegación, experiencia” adicada ós maiores, seguida dun pasarúas deica ó pavillón dos deportes.

· Xantar popular
Asistiron sobre 920 persoas, practicamente a totalidade de mayores do noso concello. Degustaron un menú composto de empanada, pulpo, carne ó caldeiro e bica e houbo viño e licores para todos.

· Homenaxeados
Tralo xantar realizouse a entrega de agasallos que se distribuiron en tres categorías:

– Ó home e á muller de máis idade.
– Ó matrimonio con máis anos de unión.
– Ó home e á muller que estiveron durante máis anos emigrados.

· Baile
Para o baile contaron coa animación dunha charanga, que interpretou temas moi coñecidos, o que fixo saltar á pista ós máis atrevidos. Uns sacaban ás mulleres de outros e así ata que as súas pernas e os seus corazóns aguantaban o ritmo. Outros preferiron quedarse charlando, aproveitando a ocasión, xa que non lles é moi doado atoparse ó longo do ano ó ser de parroquias distintas.

E así ata finalizar a velada a eso das 20:00 horas do serán, dando por rematado un día de xuntanza cos compañeiros de xeración.

Sendo aprobada de xeito definitivo a ordenanza reguladora do servizo municipal de axuda no fogar e dos prezos públicos pola prestación do servizo, de conformidade co establecido no artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, entrando en vigor transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da devandita lei.

Ordenanza reguladora de Axuda no fogar
Punto de atención á infancia (P.A.I.)
II Plan de igualdade Concello de Rodeiro 2014-2017