Unidade móbil. Doa sangue

Por | Novas

O vindeiro martes día 25 de xaneiro, en horario de 16 a 21 horas, situarase na Avda. Aviador Gumersindo Areán de Rodeiro a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia. Anímase a toda a veciñanza potencialmente doadora a doar o seu sangue nun acto de solidariedade que contribúe de xeito decisivo á cura de enfermidades e mesmo a salvar vidas, paliando a escaseza das reservas existentes nestes momentos. Sé tes máis de 18 anos e pesas máis de 50…

Ler máis

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) do ano 2022 nos que se desenvolven actividades agrícolas, gandeiras e forestais

Por | Novas

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 28/11/17, acordou modificar a Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), introducindo unha bonificación potestativa do 95 % da cota íntegra do imposto para os inmobles no que se desenvolvan actividades agrícolas, gandeiras e forestais e que cumpran os requisitos establecidos na modificación da Ordenanza aprobada. O texto definitivo foi publicado no BOP núm. 29, correspondente ao día 9 de febreiro de 2018, que se contén como Anexo á…

Ler máis

Cabalgata de Reis 2021

Por | Novas

Os Reis Magos unha vez mais farán acto de presencia no noso concello na tarde do mércores día 5 e farano de xeito presencial e adoptando todas as medidas necesarias para que non haxa risco de ningún tipo. As Súas Maxestades recibirán aos cativos no PAVILLÓN MUNICIPAL a partir das 17:00 hs. Non se fai o tradicional desfile polas rúas de Rodeiro. No pavillón para acceder aos reis hai establecido un circuito. A entrada será pola principal e a saída…

Ler máis

Chuches Amil presental Rock Infantil

Por | Novas

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo de Chuches Amil o vindeiro xoves 30 de decembro ás 20.00 horas no Centro Cultural Municipal. Presenta o seu espectáculo “Rock infantil”. Espectáculo recomendado para todos os públicos. Esta actividade é organizada e financiada pola Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro. http://chuchesamil.com

Ler máis

Avelino González presenta “Contos de boa xente”

Por | Novas

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo de Avelino González o vindeiro martes 28 de decembro ás 20.00 horas no Centro Cultural Municipal. Presenta o seu espectáculo “Contos de boa xente”. Espectáculo recomendado para todos os públicos. Esta actividade é financiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia. https://avelinogonzalez.gal/es/cuentos-y-monologos/

Ler máis

Cartel Gañador do XI Concurso de Carteis Igualitarios

Por | Novas

Unha vez finalizado o prazo de votación para elixir o cartel gañador deste ano 2021, temos o pracer de anunciar que o Cartel gañador da XI edición é o número 3, con 93 votos de un total de 190 votos emitidos, e a súa autoría corresponde á nosa veciña Raquel Rodríguez Rozas. Este cartel será a imaxe da campaña de sensibilización contra a violencia de xénero que se realizará a nivel municipal no ano 2022. Agradecemos a alta participación deste…

Ler máis