Skip to main content

Situación

O municipio de Rodeiro localízase preto do centro de Galicia ó nordeste da provincia de Pontevedra, nas chamadas terras altas da dorsal galega.

Poboación

A súa poboación,3.400 habitantes, está espallada nunha ampla extensión de 154,2 quilómetros cadrados. O concello divídese en 146 entidades singulares de poboación, pertencentes ás súas 20 parroquias.

Orografía e hidrografía

A fisionomía destas terras está marcada por dous sectores. Por un lado a Serra do Faro e os seus rebordos montañosos da parte oriental, con altitudes que superan os 1.000 metros, e polo outro, o curso alto do río Arnego ou o val de Camba, situado na zona occidental do concello e cunha altitude media entre os 600-700 metros. Deste xeito, podemos apreciar un descenso altitudinal de leste a oeste.