O programa Leader Galicia 2007-2013
Este programa comprende o conxunto de medidas do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia (PDR). A súa execución correspóndelle ós grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) que se creen en cada territorio de aplicación, no noso caso pertencemos ao GDR-22 que engloba a Comarca do Deza.
Trátase dunha asociación na que rexe o principio de portas abertas. Á da Comarca do Deza denominouse Asociación de Desenvolvemento Rural Terrras do Deza e estableceu a súa sede provisional na Avda. da Estación, 3-Baixo, 36500 Lalín.
Este GDR será quen analice e evalúe os proxectos de cara a súa elixibilidade para optar as axudas que xestione. Calquera persoa física ou xurídica pode optar ás mesmas, que no caso de proxectos produtivos en ningún caso será superior ao 50%.
Ata o 16 de setembro os GDR constituídos presentaron as estratexias de desenvolvemento e aplicación dos fondos para o seu ámbito territorial.
As liñas de axuda abriranse, polo tanto, unha vez aprobados os programas comarcais, previsiblemente no inverno do ano 2008.
No apartado de convocatorias de axudas teremos información actualizada sobre este tema.
Mais información en Agader.
Estudo socioeconómico
No ano 2005 encargouselle a unha empresa a realización dun estudo co fin de ter un documento que servise de base para a reflexión e o deseño de estratexias futuras no eido do desenvolvemento local. Dito estudo, cofinanciado pola Consellería de Traballo, entregouselle ao Concello en decembro de 2005. Logo de consensuar o texto e introducir pequenas modificacións presentouse ao conxunto da veciñanza.
Agora ofrecemos nesta web un resumo do mesmo para a súa difusión e coñecemento.