Skip to main content

O concello de Rodeiro sitúase no centro xeográfico de Galicia, na parte nororiental da provincia de Pontevedra. Os seus límites xeográficos responden á súa situación na dorsal meridiana que se extende de norte a sur en Galicia e serve de divisoria entre as dúas provincias occidentais e as dúas orientais, alcanzando en Rodeiro o seu punto máis elevado no Monte Faro (1.187 m).