Campaña “Separar con xeito, para reciclar a feito”

Por | Novas

O vindeiro xoves, día 28, coincidindo coa feira mensual que se celebra en Rodeiro levarase a cabo unha campaña sobre a reciclaxe. O obxectivo desta campaña é fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe. Para elo, todos os que se acheguen á feira poderán recibir información da man de educadores ambientais que estarán á súa disposición na carpa informativa de 10:30 a…

Read More

Plan Termal “Depotermal 2019″ – Deputación de Pontevedra

Por | Novas

O Plan Termal da Deputación de Pontevedra “Depotermal 2019” pon en marcha dous programas termais cun total de 4.434 prazas. Programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco días consecutivos. Programa termal con pernocta (de domingo a venres). Beneficiarias do plan termal, requisitos e documentación a presentar: Persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do plan e que cumpran algún dos seguintes requisitos: Nacer antes do 1 de xaneiro de 1969 (acreditarase…

Read More

Relación de seccións, mesas e locais electorais do Concello para as Eleccións Xerais convocadas para o día 28 de abril de 2019

Por | Novas

 No Boletín Oficial da Provincia (BOP) núm. 49, correspondente ao día 11 de marzo do corrente, publícase un edicto da Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral no que se fai pública a relación de seccións, mesas e locais electorais do Concello para as Eleccións Xerais a celebrar o vindeiro día 28 de abril de 2019. Ao Concello de Rodeiro correspóndenlle seis mesas electorais distribuídas en cinco locais electorais repartidos ao longo do Concello. Infórmase que, respecto de anteriores eleccións,…

Read More

Probas de avaliación en competencias clave

Por | Novas

A Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral convocou as probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación. As competencias clave son un requisito necesario para poder realizar acción formativas dirixidas a desempregrados de nivel de cualificación 2 e 3 e/ou dirixidas a obter un certificado de profesionalidade dos citados niveis, como pode ser o certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas en domicilios. Aquelas persoas que non…

Read More

Consulta do censo electoral para as vindeiras Eleccións Xerais do día 28 de abril de 2019

Por | Novas

Entre os días 11 e 18 de marzo do corrente, ambos inclusive, estará aberto no Concello o servizo de consulta do censo electoral para as vindeiras eleccións a Cortes Xerais do día 28 de abril de 2019. Durante dito prazo poderanse formular reclamacións contra a inclusión ou exclusión no censo electoral. As consultas e reclamacións, no seu caso, deberán facerse persoalmente na Secretaría do Concello, achegando a ditos efectos o DNI ou documento oficial equivalente que inclúa fotografía (pasaporte, permiso…

Read More

Depo Aventura A Lanzada 2019

Por | Novas

A Deputación de Pontevedra, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das rapazas e rapaces e favorecer a comunicación e o dinamismo multicultural, organiza o programa “Depo Aventura A Lanzada 2019” e oferta 2.200 prazas nos campamentos de verán para menores da provincia de Pontevedra nacidos entre os anos 2006 e 2011. Este programa ofrece a posibilidade de que as nenas e nenos gocen do seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico,…

Read More