SUBVENCIÓN ÁS ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO

Por | Novas | Sen comentarios

A Xunta de Goberno Local de Rodeiro decidiu asignar 9.200 euros ás diferentes asociación e entidades sen ánimo de lucro que operan no municipio. As cantidades asignadas a cada unha correspóndense aos gastos contraídos no 2006. Durante o ano pasado non se inscribíu ningunha asociación no rexistro de Rodeiro. Unha das agrupacións que máis actividades desenvolveu e que máis cartos recibíu durante o 2006 como axuda do 2005, a Asociación de veciños de Río, non solicitou ningunha achega. A distribución…

Ler máis

Aprender a coidarme para coidar

Por | Novas | Sen comentarios

O Concello de Rodeiro, en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, ten previsto levar a cabo unha serie de obradoiros formativos no vindeiro mes de abril de 2010, dentro das actividades programadas dende o departamento de Servizo Sociais; destinadas á promoción e autonomía das persoas maiores traballando estratexias para o reforzo da súa memoria. O obradoiro terá lugar no Centro Cultural Municipal. O primeiro encontro será o día 5 de abril ás 16:00 horas e terá como tema principal…

Ler máis

Exposición pública do padrón do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do exercicio 2008

Por | Novas | Sen comentarios

Aprobados pola Dirección deste Organismo Autónomo os Padróns do Imposto sobre Vehículos de tracción mecánica do exercicio 2008, poranse ó dispor do público no Concello de RODEIRO, desde o día 01 ó 19 de abril de 2008, ámbolos dous inclusive (art. 86.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, RJAP e PAC), podendo os interesados, durante dito prazo, examinen os mesmos. Podendo presentar, no prazo dun mes, desde o 20 de abril ata ó 21 de maio de 2008, ambos…

Ler máis

Lista de admitidos, composición do tribunal e data do primeiro exame da praza de administrativo-encargado do Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” de Rodeiro

Por | Novas | Sen comentarios

O Sr. alcalde con data 11 de febreiro do corrente dictou resolución pola que se aproba a lista provisional de admitidos, se fixa a composición do tribunal cualificador e se establece que o primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o vindeiro día 13 de marzo (xoves), ás 10 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello.

Ler máis

Exposición ó público das listas do censo electoral

Por | Novas | Sen comentarios

Lémbrase a todos os veciños do concello que entre os días 21 e 28 de xaneiro, ambos inclusive, estará aberto no concello o servizo de consulta do censo electoral para as vindeiras eleccións xerais do día 9 de marzo de 2008. Durante dito prazo poderanse formular reclamacións contra a inclusión ou exclusión no censo electoral. as consultas e reclamacións, no seu caso, deberán facerse persoalmente na secretaría do concello e deberase achegar fotocopia do dni ou documento equivalente que inclúa…

Ler máis