Data: venres 23 de marzo
Lugar e hora: – Casa da cultura: 11:00 horas – Casa Naranxo: 17:00 horas
O persoal técnico da Consellería de Medio Rural explicará o Decreto 105/2006 de prevención de incendios forestais e distancias de plantacións:
* Distancias que teñen que estar limpos de vexetación, árbores… ó redor das casas.
* Distancias que teñen que cumprir as plantacións con respecto ás casas, naves e fincas.
* Comunicacións e autorizacións das queimas.
* Prohibicións de plantacións para que deste xeito se logre unha mellor calidade de vida en canto a combater incendios.
* Sancións ante o incumprimento da normativa vixente.