Faise público que, en cumprimento da normativa electoral, o Censo Electoral correspondente a este concello estará exposto ao público, para os efectos de consulta e reclamación, no período, lugar e hora que de seguido se indican:
Período de Exposición do Censo Electoral:
Do día 9 ao 16 de abril
Lugar de Exposición:
Oficinas municipais (Secretaría) (Pz. da Fonte,2 – Rodeiro)
Horario de Exposición:
Luns a Venres: de 8:00 ás 14:30 horas
Documentación a aportar para os efectos de reclamación:
D.N.I., Pasaporte, Permiso de Conducir ou Tarxeta de Residencia.
É de grande interese a súa consulta para todos os veciños/as, podendo reclamar contra calquera erro nestas Listas Electorais durante os días da exposición