As nenas e nenos que acuden ao PAI de Rodeiro colaboraron na elaboración do lazo que colgará a partires de mañá mércores na fachada da Casa-Concello, para recordar o 25 de novembro e a importancia de rexeitar a violencia de xénero.
Esta é unha das actividades dirixida aos máis pequenos do Concello (tamén durante esta semana se lerán contos relacionados coa corresponsabilidade, xogos…), entendendo que a igualdade hai que traballala dende as idades máis temperás de cara a evitar no futuro situacións de violencia machista.
Ademais, con estas actividades tamén se involucra aos pais e nais para que entendan a importancia duna educación en igualdade de cara a un adecuado desenvolvemento social e afectivo do seu fillo ou filla e como ferramenta indispensable para rematar coa violencia machista.