Concurso de tarxetas de Nadal

Por 1 Xaneiro, 1970 Novas

Dende o 10 ó 29 de decembro de 2007 ábrese o prazo para que os rapaces e rapazas de Rodeiro elaboren a tarxeta de nadal máis fermosa!

Haberá tres categorías de participación:
• 1ª categoría: rapaces e rapazas que se atopan cursando o nivel infantil.
• 2ª categoría: rapaces e rapazas que se atopan cursando primaria.
• 3ª categoría: rapaces e rapazas que se atopan na etapa de ESO.

As tarxetas serán en tamaño A5 e relacionadas co tema do nadal.
Os gañadores/as en cada unha das tres categorías serán agasallados con un premio que recibirán o día 5 de xaneiro (nos actos da cabalgata de reis).
As tarxetas entregaranse no Centro Cultural “Manuel Lamazares”.

Leave a Reply