
O Concello de Rodeiro pon en marcha de novo este programa dirixido á rapazada e mocidade con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos e empadroados/as no noso Concello.
Este actividade está cofinanciada pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade a través do Plan Corresponsables.
O seu principal obxectivo é ofertar un recurso de conciliación durante todo o período non lectivo de verán para unidades familiares con menores de entre 3 e 16 anos. Desta forma foméntase a corresponsabilidade entre homes e mulleres por medio de facilitar a unhas e outros a conciliación dos seus tempos persoais, familiares e laborais, ademais de proporcionar nos tempos de vacacións dos menores unha oferta de actividades lúdicas pero tamén educativas e inclusivas.
As actividades darán comezo o 22 de xuño e estenderanse ata o 4 de setembro de luns a venres non festivos.
Horario: 08:30h. a 14:30h. na primeira planta da sindical.
Ábrese prazo de inscripción dende o día 2 ata o 17 de xuño, incluído. Rematado este prazo, de quedar prazas libres, poderanse seguir inscribindo menores ata completar as prazas existentes.
Establécense un límite de 45 prazas para cada día de actividade. De existir máis solicitudes que prazas ofertadas o criterio de acceso será o nivel de renda per cápita das unidades familiares solicitantes. Unha vez ordenadas as solicitudes por orde crecente de renda, en caso de empate, terán preferencia as familias monoparentais, con mulleres vítimas de violencia de xénero e de outras formas de violencia contra a muller, con persoas con discapacidades, persoas en risco de exclusión social, persoas solicitantes de protección internacional ou con estatuto de refuxiado/a e unidades familiares nas cales existan outras responsabilidades relacionadas cos coidados de familiares ou persoas dependentes ao seu cargo.
As actividades serán gratuítas.
Aqueles menores que xa participaron no programa Concilia só terán que presentar a solicitude debidamente cumplimentada e a documentación complementaria que non conste no seu expediente e que así se lle requira.
Infórmase ademais de que se programan actividades tamén de tarde para os meses de xullo e agosto que se concretarán nas vindeiras semanas.
Para recibir máis información das condicións do servizo e realizar a solicitude deberase contactar co servizo de educación familiar. Teléfono: 986790185. Correo electrónico: educadora@rodeiro.gal.