
Descubre o fascinante mundo dos sentidos e do viño no noso Obradoiro Sensorial e Cata de Viños!
Terá lugar o vindeiro sábado 23 de maio ás 19:00 h na Avenida Gumersindo Areán.
Da man de Maira Ratón Fernández, técnica en elaboración de viños, viviremos unha experiencia única na que poñeremos a proba o olfacto e o gusto a través de diferentes aromas e sabores.
Ademais, gozaremos dunha cata de viños de adegas da Ribeira Sacra situadas en Chantada:
• Adegas e Viñedos Lareu
• Adegas Amedo
• Adega Os Cipreses
• Adega Castrofiz
• Adega y Viñedos Vía Romana
• Adega Cabo do Mundo
• Adegas Teijeiro Lemos
Terá unha duración aproximada de 1,5 horas.
Haberá 40 prazas e terá un custe de 5 € por persoa.
Para realizar a inscrición deberá facerse nun dos seguintes contactos: biblioteca@rodeiro.gal, 687 73 01 91 ou 986 79 03 01.
Descubre, aprende e desfruta coa riqueza dos nosos viños!