All Posts By

rodeamin

Novas

Adhesión do concello ao acordo marco entre a consellería de educación e ordenación universitaria e a federación galega de municipios e provincias (fegamp) para o desenvolvemento do pacto local en materia de educación en relación cos centros públicos

Mediante este acordo a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria asume dende o día 1 de xaneiro de 2008 a totalidade dos custes de limpeza do Centro Público Integrado (CPI) de Rodeiro, para o que procederá a licitar de xeito inmediato o correspondente contrato de servizo. Esta medida únese ao financiamento por parte da Xunta dos gastos de gasóleo do…
rodeamin
14 Abril, 2008
Novas

Adhesión do concello a diversos programas organizados polo servizo de acción social da Deputación Provincial de Pontevedra

A Xunta de Goberno Local do Concello acordou en pasadas datas á adhesión do Concello aos seguintes programas organizados polo servizo de acción social da Deputación Provincial de Pontevedra : - Programa “O meu primeiro voo”, dirixido aos alumnos do segundo ciclo da ESO. O Concello subvencionará a cantidade de 30,00 € por cada rapaz inscrito. - Programa diúrno de…
rodeamin
14 Abril, 2008
Novas

Concedidas as subvencións para actividades culturais e deportivas correspondentes ao ano 2007

A Xunta de Goberno Local do Concello, na sesión celebrada o día de hoxe, acordou proceder á concesión de subvencións para actividades culturais e deportivas desenvolvidas no ano 2007 entre as seguintes asociacións : Asociación beneficiaria -------------------------- Importe subvención S.D. Rodeiro Club de fútbol balompié --------------------- 3.500€ Asociación cultural e deportiva "O Rendal" ------------- 1.100€ Asociación de veciños San vicente…
rodeamin
18 Marzo, 2008
Novas

I Trofeo Canicross Concello de Rodeiro

O domingo 16 de marzo tivo lugar con gran éxito en Rodeiro o I Trofeo de Canicross Concello de Rodeiro, proba puntuable para o Circuíto Estatal de Canicross Trofeo Buff-Husse, constituíndo ademais o campionato galego de dita especialidade. A proba desenvolveuse cunha perfecta organización, con notable asistencia de espectadores e nunhas condicións metereolóxicas favorables. Inscribíronse 31 corredores procedentes de diversas…
rodeamin
18 Marzo, 2008
Novas

[02] Documentais_1 – Programación Cinemas Dixitais

Proxecto de creación dunha rede alternativa de exhibición en soporte dixital ao longo da xeografía galega a través da súa exhibición dixital e á maneira do cinema tradicional. Iniciativa de promoción e difusión das producións galegas e non comerciais que se oferta a concellos e outras entidades públicas e privadas. Podedes consultar a programación na Ligazón "Programación Rodeiro". A actividade…
rodeamin
14 Marzo, 2008
Novas

O Tribunal Superior de Xustiza (TSX) de Galicia falla a favor do Concello no xuízo polo Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) dos parques eólicos.

Con data 20 de febreiro do corrente a Sección Cuarta da Sala do Contencioso-Administrativo do TSX de Galicia dictou sentenza a favor do Concello de Rodeiro no recurso interposto no seu día pola empresa Enerfín S.A. contras as liquidacións practicadas polo Concello en relación co ICIO dos parques eólicos instalados por dita empresa en Rodeiro. A devandita sentenza, pioneira no…
rodeamin
11 Marzo, 2008
Novas

Valoración dos méritos da fase de concurso da provisión da praza en administrativo-encargado do Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” de Rodeiro.

O Tribunal cualificador reunido no día de hoxe procedeu á valoración dos méritos dos aspirantes para a provisión da praza de administrativo-encargado do Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” de Rodeiro, co resultado que figura na descarga asociada. Lémbrase que o primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o vindeiro xoves, día 13 de marzo, ás 10 horas, no salón…
rodeamin
6 Marzo, 2008