Skip to main content
Novas

Axudas a mozas e mozos para a obtención do permiso de conducción clase B – A

By 23 Maio, 2012No Comments

A Consellería de Traballo e Benestar, facilitará axudas para a obtención do permiso de condución clase B, a mozas e mozos residentes en Galicia; coa finalidade de mellorar a súa empregabilidade e mobilidade, así como sensibilizar e fomentar unha condución segura e responsable entre a xuventude.

Requisitos das/dos solicitantes:
Poderán solicitar as axudas as mozas e mozos que cumpran os requisitos incluídos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia, e ademais:
a. Teñan entre 18 e 30 anos de idade cumpridos no momento de presentar a solicitude.
b. Estean en situación de desemprego, cunha antigüidade mínima de seis meses, no momento de presentar a solicitude.
c. Sexan titulares do carné xove vixente no momento de presentar a solicitude.
d. Teñan a súa residencia en Galicia.
e. Non estar en posesión do permiso de condución obxecto da subvención no momento de presentar a solicitude, ou estar en posesión del, con data de expedición definitiva a partir do 1 de xaneiro de 2012.
f. Acrediten un nivel de ingresos netos anuais da unidade familiar non superior a 2, 5 veces o IPREM para o 2012, incluíndo as pagas extraordinarias, ponderado segundo os membros da unidade familiar.

Contía da axuda:
O importe da axuda será de 200 € por beneficiaria/o, sempre e cando este importe non supere o custo derivado da obtención do permiso de condución obxecto destas axudas.

Prazo:
Ata o día 1 de setembro de 2012 (agás que se esgote antes o crédito orzamentario dispoñible).

Leave a Reply