Skip to main content
Novas

II Ruta Rodeiro de Tapas

By 18 Maio, 2012No Comments

Ímonos de 2ª Ruta Rodeiro de Tapas este fin de semana longo para gozar. Esperámoste nunha segunda cita este sábado e domingo nos establecementos participantes coa intención de saborear os mellores manxares da nosa terra.
Nunha segunda Ruta de Rodeiro de Tapas só esperamos volver conseguir os obxectivos marcados para poder consolidar este concurso e facer del unha ferramenta de promoción turística xunto con outras xornadas.
Seguindo as bases da iniciativa” Rodeiro de tapas”, a mellor tapa terá premio. Para iso contamos coa presenza de diferentes profesionais do sector e colaboradores no evento como membros do xurado para a valoración na elaboración, calidade e presentación das tapas. A recepción terá lugar este sábado día 19 ás 12:00h na Casa do Concello, para comezar o percorrido polos establecementos participantes.
A elección da mellor tapa será unha media ponderada entre a valoración do público utilizando os cupóns de votación depositados nas furnas en cada establecemento , e a feita polos membros do xurado designado para a ocasión. A porcentaxe de puntuación será 60-40, respectivamente.
Os premios aos establecementos serán entregados na próxima convocatoria do mes de xuño, coincidente coas festas patronais de San Antonio de Rodeiro.
Recordamos que é moi importante o voto do público no percorrido de tapeo. Entre todos os cupóns de votación do público sortearanse lotes de productos subministrados polos colaboradores da iniciativa.

Leave a Reply