Skip to main content
Novas

Información pública da instalación do parque eólico “Prado Vello”

By 29 Maio, 2012No Comments

De conformidade co establecido no artigo 37.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, polo que se regula o aproveitamento eólico de Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, faise público que por Resolución do 8 de maio de 2012 da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas sométense a información pública, por espazo de trinta días, os documentos que deseguido se sinalan correspondentes á instalación do PARQUE EÓLICO PRADO VELLO, promovido pola empresa BREOTECNIA S.A. :
– Proxecto de execución das instalacións.
– Estudo de impacto ambiental.
– Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.
– Relación de bens e dereitos afectados para os efectos da declaración de utilidade pública, que levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Durante dito prazo os interesados poderán consultar a documentación na Casa do Concello, en horario de oficina, e presentar, de ser o caso, as alegacións que estimen pertinentes no rexistro municipal.

O parque eólico “Prado Vello” estará constituído por tres aeroxeradores cunha potencia total a instalar de 9 MW e sitúase entre os concellos de Taboada e Chantada (Lugo) e Rodeiro, afectando neste último a terreos da parroquia de Vilela.

Leave a Reply