A Consellería de Traballo e Benestar oferta para este ano 2012, unha serie de prazas de campamentos e obradoiros; á procura da integración social de rapazas e rapaces con discapacidade de entre 9 e 40 anos de idade; para que estes poidan disfrutar duns días en contacto coa natureza, desenrolando distintas actividades en diferentes quendas .
As modalidades que se contemplan dentro deste programa, son as seguintes:
– Quendas de integración; orientadas a persoas con autonomía persoal para as actividades da vida diaria.
– Quendas específicas ; orientadas a persoas con maior necesidade de apoio persoal.
Os prezos das actividades ofertadas oscilan entre 72 € e 201,60 € .
Os solicitantes que sexan membros de familias posuidoras de Título de Familia Numerosa, verán reducidas as cotas de pago nun 50 %.
Para unha maior información e trámite de solicitudes, poderán acudir ao Departamento de Servizos Sociais do concello; ate o vindeiro día 31 de Maio, para as prazas de integración e ata o 15 de Xuño, para as prazas específicas.