A Biblioteca Pública Municipal “Manuel Lamazares” de Rodeiro está a desarrollar accións de dinamización lectora ao longo do ano, dirixidas especialmente ao lector infantil e xuvenil, de modo que fomentemos o hábito da lectura entre os xóvenes. Intentamos os seguintes obxectivos:
– Educar na lectura e descubrila como necesaria para mellorar as destrezas lingüísticas
– Fomentar o hábito da lectura entre os nenos
– Achegar aos lectores á biblioteca como lugar adecuado para a lectura e o estudio diario e como lugar público de acceso á internet.
Para acadar estes obxectivos, ademáis de programar actividades de animación lectora ao longo do ano, tamén non nos esquencemos das novas tecnoloxías. Neste eido acabamos de colocar na biblioteca tres novos ordenadores con acceso á internet para uso público, rematando así cos problemas de acceso que había ata o de agora.
Queremos contribuír á superación da brecha dixital ocasionada polas dificultades que ten a poboación do rural para o acceso ás novas tecnoloxías, debido sobre todo ás deficiencias nas infraestructuras de comunicación. Contamos con tres ordenadores e unha impresora neste servizo.