O vindeiro domingo día 20 de maio terá lugar unha nova ruta dentro do programa Sendeirismo 2012, a ruta dos Castros, que discorre pola metade norte do Concello cunha distancia de 18 quilómetros.
As características principais da actividade son as seguintes :
Día : 20 de maio de 2012
Lugar de concentración : Diante da Casa do Concello
Hora : 9
Inscrición
Prazo : Ata o día 18 de maio de 2012
Cota : 5 €
Pago : Conta do Concello de Rodeiro e Novagaliciabanco núm. 2080-5438-99-3110100047, especificando o nome e apelidos do inscrito e o concepto “sendeirismo”.
A inscrición dá dereito a avituallamento durante o percorrido, guía da organización, folleto informativo da ruta e desprazamentos i/v dende o lugar de concentración, de seren necesario a criterio da organización.
Ao remate da ruta sortearase un agasallo entre os participantes.