Skip to main content
Novas

Fin do prazo para solicitar a bonificación no IBI 2020

By 29 Maio, 2020Xuño 2nd, 2020No Comments

O día 16 de xuño de 2020 é o último día para solicitar a bonificación no IBI aos inmobles e construcións indispensables para o desenvolvemento de actividades agrícolas, gandeiras ou forestais, pertencentes ao sector primario.

O alzamento da suspensión de termos e interrupción dos prazos foi acordada na Xunta de Goberno Local do pasado día 20 de maio e publicouse no Boletín Oficial da Provincia de onte, reactivándose deste xeito este procedemento polos días restantes que a declaración do estado de alarma interrumpira.

Modelo solicitude (pdf)

Boletín oficial de onte :  https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2020/05/28/2020023308

Procedemento: https://www.rodeiro.gal/bonificacion-do-imposto-sobre-bens-inmobles-ibi-para-inmobles-onde-se-desenvolven-actividades-agricolas-gandeiras-e-forestais-2020/