Skip to main content
Novas

Ingreso Mínimo Vital

By 8 Xuño, 2020No Comments

A creación e regulación do ingreso mínimo vital como prestación dirixida a previr o risco de pobreza e exclusión social das persoas que vivan soas ou integradas nunha unidade de convivencia, cando se atopen nunha situación de vulnerabilidade por carecer de recursos económicos suficientes para a cobertura das súas necesidades básicas.

Persoas beneficiarias

a) As persoas integrantes dunha unidade de convivencia nos termos establecidos neste real decreto-lei.

b) As persoas de polo menos 23 anos e menores de 65 anos que viven soas, ou que, compartindo domicilio cunha unidade de convivencia nos supostos do artigo (6.2.c), non se integran na mesma, sempre que concorran as seguintes circunstancias:

    1. Non estar unidas a outra por vínculo matrimonial ou como parella de feito nos termos definidos no texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, salvo as que iniciasen os trámites de separación ou divorcio ou as que se atopen noutras circunstancias que poidan determinarse regulamentariamente, ás que non se lles esixirá o cumprimento desta circunstancia.
    2. Non formar parte doutra unidade de convivencia, de conformidade co previsto no presente real decreto-lei.

Non se esixirá o cumprimento dos requisitos de idade, nin os previstos nos apartados 1º e 2º desta letra, nos supostos de mulleres vítimas de violencia de xénero ou vítimas de trata de seres humanos e explotación sexual.

Todas as persoas beneficiarias, estean ou non integradas nunha unidade de convivencia, deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter residencia legal e efectiva en España e tela de forma continuada e ininterrompida durante polo menos o ano inmediatamente anterior á data de presentación da solicitude. Non se esixirá este requisito respecto de:

  1. Os menores incorporados á unidade de convivencia por nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento familiar permanente.
  2. As persoas vítimas de trata de seres humanos e de explotación sexual, que acreditarán esta condición a través dun informe emitido polos servizos públicos encargados da atención integral a estas vítimas ou polos servizos sociais, así como por calquera outro medio de acreditación que se desenvolva regulamentariamente.
  3. As mulleres vítimas de violencia de xénero. Esta condición acreditarase por calquera dos medios establecidos no artigo 23 da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.

b) Atoparse en situación de vulnerabilidade económica por carecer de rendas, ingresos ou patrimonio suficientes, nos termos establecidos no artigo 8.

c) Solicitar as pensións e prestacións vixentes ás que puidesen ter dereito, nos termos que se fixen regulamentariamente. Quedan exceptuados os salarios sociais, rendas mínimas de inserción ou axudas análogas de asistencia social concedidas polas comunidades autónomas.

d) Se non están a traballar e son maiores de idade ou menores emancipados, figurar inscritas como demandantes de emprego, salvo nos supostos que se determinen regulamentariamente.

Solicitude

O prazo para solicitar o IMV iníciase o luns 15 de xuño de 2020.

Lugar de presentación.-

Preferentemente, na sede electrónica da Seguridade Social ou a través daqueles outras canles de comunicación telemática que o INSS teña habilitados para o efecto, sen prexuízo do que poida establecerse no marco dos convenios .

Prazo.-Iníciase o luns 15 de xuño de 2020.

Preme aquí para poder acceder ao simulador do ingreso mínimo vital.