Skip to main content
Novas

Consulta do censo electoral para as vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia do día 12 de xullo de 2020

By 22 Maio, 2020No Comments

Entre os días 25 de maio e 1 de xuño do corrente, ambos inclusive, estará aberto no Concello o servizo de consulta do censo electoral para as vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia do día 12 de xullo de 2020.

Dada a vixencia do estado de alarma pola crise sanitaria do COVID-19, non haberá posibilidade de consulta presencial na casa do concello. A consulta poderá facerse a través de instancia xeral na sede electrónica do concello (https://rodeiro.sedelectronica.gal/), ou ben enviando un correo electrónico á dirección secretario@rodeiro.gal, acompañado dunha copia do DNI do/a interesado/a.

Recoméndase a todos/as os/as veciños/as (de xeito especial aos que exercen por primeira vez o seu dereito de voto neste Concello e aos que cambiaran de domicilio nos últimos meses) que comproben a súa inscrición no Concello, ao obxecto de que poidan exercer o seu dereito ao voto nas eleccións do día 12 de xullo.

Para calquera información relativa a dito proceso electoral poderán consultar o enlace https://www.xunta.gal/eleccions-ao-parlamento-de-galicia-2020.