Skip to main content
Novas

Exposición: 10 anos de Carteis Igualitarios

By 25 Novembro, 2020No Comments

No ano 2011 convocouse a 1ª edición do concurso de Carteis Igualitarios coincidindo co 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, co obxectivo principal de visibilizar no noso concello a gran problemática que supón a violencia contra as mulleres na sociedade e de implicar aos nosos veciños e veciñas na loita contra a mesma a través da participación nos actos e actividades que se programan arredor desta data.

10 anos despois quixemos recopilar todos os carteis que participaron ata o momento e presentalos nesta exposición que se pode visitar presencialmente no Centro Cultural Manuel Lamazares dende hoxe mesmo en horario de 09:00h. a 14:00h. de luns a venres e tamén virtualmente a través da web municipal.

Esta exposición pretende ser, en primeiro lugar, un recoñecemento e agradecemento público a todos/as participantes das diferentes edicións do concurso tanto a nivel individual coma a través de colectivos e asociacións.

Así mesmo, o percorrido pola exposición é tamén o percorrido polas diferentes formas de plasmar a loita contra a violencia de xénero, a visualización da mesma dende diferentes sectores da nosa comunidade, todas elas válidas e complementarias que teñen como fin último a consecución de unha sociedade igualitaria.

Enlace a exposición 10 anos de carteis igualitarios