Dende esta data e ata o vindeiro día 10 de decembro abrimos o prazo para escoller o cartel gañador do X Concurso de Carteis Igualitarios.
A continuación preséntanse os 13 carteis participantes neste ano 2020. Agradecemos enormemente a cada participante, tanto asociación coma persoas a nivel individual, que adicase parte do seu tempo nesta situación tan excepcional que estamos a vivir a reflexionar sobre a violencia machista e como loitar contra ela.
Cada persoa que desexe votar para elixir o gañador simplemente ten que cumprimentar o formulario que se adxunta escollendo o cartel que máis lle gusta, que cre que mellor representa a idea deste concurso que é sensibilizar aos veciños e veciñas do noso concello sobre a importancia de educar en igualdade e na prevención da violencia de xénero.
O cartel que máis votos obteña será o gañador desta X edición e será a imaxe da campaña de sensibilización do ano 2021.
Para aquelas persoas que teñan dificultades para poder votar dende a web poden acudir ao Centro Cultural Manuel Lamazares en horario de 10 a 14h. para realizar a votación, así coma para visitar a exposición dos carteis orixinais.