Skip to main content

Dentro deste ámbito desenvólvense accións encadradas en tres liñas básicas de actuación:

– Promoción da igualdade entre homes e mulleres e eliminación de desigualdades.

– Prevención e intervención integral en casos de violencia de xénero.

– Fomento da conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

A promoción da igualdade e o fomento da conciliación é un tema transversal no que se implican axentes de múltiples campos da vida do noso concello como pode ser educación, emprego, atención á primeira infancia…

A coordinación da área de igualdade pertence aos profesionais de servizos sociais municipais, dende onde se presta atención e apoio integral ás vítimas de violencia de xénero e se programan as diferentes actuación de prevención, educación… en materia de igualdade.

Así mesmo, tamén se mantén unha estreita colaboración cos servizos educativos, asociacións e recursos específicos existentes na nosa comunidade.

Para contactar e obter información, realizar consultas, ….: traballadorsocial@rodeiro.gal ou educadora@rodeiro.gal

Exposición: 10 anos de Carteis Igualitarios

No ano 2011 convocouse a 1ª edición do concurso de Carteis Igualitarios coincidindo co 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, co obxectivo principal de visibilizar no noso concello a gran problemática que supón a violencia contra as mulleres na sociedade e de implicar aos nosos veciños e veciñas na loita contra a mesma a través da participación nos actos e actividades que se programan arredor desta data.

10 anos despois quixemos recopilar todos os carteis que participaron ata o momento e presentalos nesta exposición que se pode visitar presencialmente no Centro Cultural Manuel Lamazares dende hoxe mesmo en horario de 09:00h. a 14:00h. de luns a venres e tamén virtualmente a través da web municipal.

Esta exposición pretende ser, en primeiro lugar, un recoñecemento e agradecemento público a todos/as participantes das diferentes edicións do concurso tanto a nivel individual coma a través de colectivos e asociacións.

Así mesmo, o percorrido pola exposición é tamén o percorrido polas diferentes formas de plasmar a loita contra a violencia de xénero, a visualización da mesma dende diferentes sectores da nosa comunidade, todas elas válidas e complementarias que teñen como fin último a consecución de unha sociedade igualitaria.

2020

2019

2018

2017

2016

2015

2014

2013

2012

2011