Dentro do Proxecto Equal Camba IV, cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, o Concello de Rodeiro organiza a actividade Fortalécete muller, que dará comezo o día 25 de Novembro e estenderase ao longo de 4 semanas. Trátase de unha serie de 4 talleres que teñen como obxectivo traballar a autoestima, a xestión emocional e o autocoidado en mulleres da nosa comunidade.
A actividade desenvolverase no salón de actos do centro cultural municipal en horario de mañá para así permitir a participación de mulleres con crianzas que nese momento están no centro educativo e correrá a cargo de unha educadora social experta en igualdade e xénero