Skip to main content
Novas

Xurxo Souto en Rodeiro. Día da biblioteca

By 18 Outubro, 2016Agosto 7th, 2019No Comments

O Concello de Rodeiro organiza unha actividade cultural o vindeiro día 24 de outubro ás 11:15 horas no Centro Cultural Municipal con motivo da celebración do Día da Biblioteca. Xurxo Souto levará a cabo un espectáculo baixo o título de “Océano para terrícolas”. Propón un achegamento á literatura do mar a partir dos “Contos do Mar de Irlanda”, libro do que o propio Xurxo Souto é autor. Escolma tamén outros moitos libros de temática oceánica, pois “Galicia non é un fin da terra, é un centro do mar”.

Esta actividade forma parte do Programa Ler conta moito 2016, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.