O vindeiro venres, día 28, coincidindo coa feira mensual que se celebra en Rodeiro levarase a cabo, durante o transcurso da mesma, unha campaña sobre a reciclaxe.
O obxectivo da campaña é implicar aos veciños na xestión sostible dos residuos sólidos urbanos e facilitarlles información acerca do principio das tres erres (redución, reutilización e reciclaxe). Para elo, todos os que se acheguen á feira poderán recibir información que será facilitada por educadores ambientais que estarán á súa disposición na carpa informativa.
Esta campaña está promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio baixo o lema “Oportunidades Galicia. Separemos ben, Reciclaremos mellor” e conta coa colaboración de Sogama e Ecoembes.
Máis información no pdf adxunto: Carteis oportunidades concello de rodeiro