Nos últimos tempos vimos organizando unha serie de actividades que teñen como obxectivo a formación constante e a difusión das novas tendencias do sector da hostalería. Ao mesmo tempo pretendemos fomentar a colaboración entre este sector e o sector produtivo local con múltiples obxectivos: facer máis visible e dignificar o traballo dos nosos agricultores e gandeiros, vincular a imaxe de Rodeiro co dinamismo e a calidade, estimular a colaboración entre a veciñanza, facer visibles novas oportunidades de negocio…etc.
Nesta liña de innovación programamos agora unha nova xornada formativa co ánimo de apoiar os produtos locais mediante unha novedosa iniciativa: a Gastrosexoloxía. Esta creativa idea fusiona conceptos da psicoloxía, da sexoloxía e a cociña para indagar cales son os mecanismos que subxacen e inflúen no pracer que nos propociona o mundo da gastronomía.
Actividade: Xornada de Gastrosexoloxía
Data: luns, 23 de setembro
Hora: 21.00h
Lugar: Restaurante Casa Sánchez
Data límite de inscrición: xoves, 19 de setembro
(é necesaria a inscripición previa, aforo limitado)
Para inscribirse terá que cubrilo formulario anexo e presentalo no Concello antes da data límite. Tamén poderá envialo ao e-correo aedl@rodeiro.gal. As inscricións serán confirmadas pola organización con anterioridade á realización da xornada.
Mais información no teléfono 986 790 009