O domingo día 8 de setembro será o último día no que os veciños de Rodeiro e visitantes poderán gozar das instalacións da piscina municipal na presente temporada. Segundo datos provisionais, a piscina foi utilizada por 1.135 usuarios no mes de xullo e 876 no que vai de agosto, sendo este verán o período de maior uso das instalacións dende que se dispón de datos.