Co ánimo de promover una vida saudable a través da práctica do deporte entre os rapaces e rapazas do noso Concello e acadar habilidades nas diferentes especialidades deportivas, o vindeiro día 7 DE OUTUBRO (luns) darán comezo no noso Concello tres ESCOLAS DEPORTIVAS, nas modalidades de fútbol, balonmán e patinaxe.
As principais características de dita actividade son as seguintes :
– A actividade está dirixida a rapaces/as de entre 5 e 15 anos de idade (ambos inclusive).
– As clases desenvolveranse no pavillón polideportivo municipal ao rematar a actividade lectiva do CPI de Rodeiro.
– Os días de desenvolvemento das escolas deportivas serán os seguintes :
– Balonmán : luns e mércores
– Fútbol : martes e xoves
– Patinaxe : venres
– As clases serán gratuítas para todos os inscritos.
– O número máximo de alumnos por actividade será de 15. Non obstante, o Concello resérvase, no seu caso, a facultade de establecer máis grupos se o número de solicitudes supera o límite de alumnos inscritos.
– Para poder inscribirse ás actividades deberá cumprimentarse a folla de inscrición no modelo oficial que será facilitado no Concello, no Ximnasio Municipal ou poderá descargarse da web municipal no enlace anexo.
– O prazo límite de inscrición é o día 3 DE OUTUBRO (xoves)
– As follas de inscrición, debidamente cumprimentadas, deberán ser entregadas antes de dita data límite nas oficinas municipais do Concello ou no Ximnasio Municipal no seu horario de apertura.
– Para calquera consulta ou información complementaria poderán dirixirse ao monitor deportivo do Concello (Ovidio Aréan-Tfno. 600584515)