O Concello de Rodeiro, a través do programa Concellos Saudables, organiza unha xornada sobre alimentación saudable, baixo o título de Come san para vivir mellor. Esta xornada irase celebrando tamén polas parroquias, pero nesta ocasión son invitados a asistir todos os veciños do noso Concello.
A charla será impartida polos membros da unidade de concellos saudables Rodeiro-Lalín, a nutricionista Vanesa Taboada Santiso e a directora do PAC de Lalín Pilar López Carrón. Trataranse temas como dietas equilibradas, creación de hábitos saudables para conseguir unha mellor saúde e benestar físico.
Invitamos a tódolos veciños á xornada informativa que terá lugar na Casa da Cultura o vindeiro venres 24 de outubro ás 18:00.