O Sr. alcalde asinou no día de hoxe a convocatoria de sesión extraordinaria do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro venres día 24 de outubro de 2008, ás 13 horas da mañá, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte :
ORDE DO DÍA
1. Proposta de designación de festas de carácter local para o ano 2009.
2. Aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos por facturas adebedadas correspondentes aos exercicios orzamentarios de 2006 e 2007.