– Proposta de designación de festas de carácter local para o ano 2009.- Aprobouse por unanimidade propoñer como festas de carácter local para o ano 2009 os días 24 de febreiro (martes de Entroido) e 8 de setembro (Nosa Señora do Faro).
– Aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos por facturas adebedadas correspondentes aos exercicios orzamentarios de 2006 e 2007.- Aprobouse pola maioría de sete votos a favor (grupos municipais socialista, Independentes de Rodeiro e mixto) e catro abstencións (grupo municipal do Partido Popular).