O Concello de Rodeiro, a través Concellería de Educación, Comercio, Turismo e Patrimonio vén de organizar unha nova xornada de formación para a hostelería sobre o mundo do café. Trátase de coñecer as características desta bebida, dende o seu cultivo ata as técnicas de preparación (cremado do leite, latte art, etc.) e as claves da cata. A formación dos hosteleiros é un factor clave para mellorar día a día a preparación e a degustación desta bebida que non por ser de consumo cotián deixa de ter os seus segredos para chegar o consumidor con todas as súas propiedades.
Para o desenvolvemento desta xornada contaremos coa presenza de Jose Manuel Portela, que é o responsable de formación de Cafés Candelas para España, Portugal e Andorra, e conta no seu haber con importantes premios gañados en Campionatos Galegos e Nacionais.
Actividade: máster class sobre o mundo do café
Data: xoves, 7 de agosto
Hora: 17.00h-20.00h
Lugar: Centro Cultural Municipal
O Concello de Rodeiro segue apostando pola profesionalización e formación dos seus hostaleiros poñendo, unha vez maís, unha xornada de formación gratuíta a súa disposición. Do mesmo xeito, aqueles veciños interesados pola temática que desexen participar poderán facelo, toda vez que o aforo do local non impide a súa participación.