Skip to main content
Novas

I Xornada de convivencia coas nenas e nenos saharauis

By 30 Xullo, 2014No Comments

O Concello de Rodeiro colabora coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui na celebración da I Xornada de Convivencia coas nenas e nenos saharauis que se desenvolverá en Rodeiro o vindeiro domingo 3 de agosto.
As actividades programadas darán comezo ás 16:00 h. na Casa da Cultura e comprenderán, entre outras, a inauguración de unha exposición fotográfica sobre os campamentos de refuxiados, xogos e merenda no parque da vila, e a proxección dun documental.

Leave a Reply