Faise pública información sobre axudas para a concesión do tícket eléctrico social para familias con fillos menores de 18 anos e nas cales a suma dos ingresos totais da unidade de convivencia non superen o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM).
Para estes efectos, considérase unidade de convivencia o conxunto de todas as persoas que viven no mesmo domicilio.
A axuda consiste nunha cantidade fixa semestral que ten por obxecto contribuír ao pagamento da factura eléctrica daquelas familias con fillos menores a cargo, cuxos ingresos totais durante o ano 2013 non superaran o IPREM. A contía da axuda non poderá superar o importe da factura eléctrica pagada durante o primeiro semestre do 2014.
Establécese unha cantidade de 45 € ao semestre para as unidades de convivencia que cumpran estes requisitos, incrementándose esta cantidade ata 60 € para as que acrediten ser familia numerosa.
Beneficiarios:
As persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan ao seu cargo fillos menores de 18 anos , un gasto derivado da subministración de enerxía eléctrica na súa vivenda habitual e que os seus ingresos económicos non superaran o IPREM (7.455,14 € ano).
Requisitos:
1.Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
2.Ter fillos menores a cargo.
3.Estar aboando a correspondente factura de enerxía eléctrica a unha comercializadora.
4.Non superar os límites de renda establecidos no artigo 2 desta Resolución..
Documentación a presentar:
1.Solicitude normalizada segundo o Anexo I desta Resolución, acompañada da seguinte documentación:
2.Informe emitido polos servizos sociais municipais básicos sobre as necesidades económicas da unidade de convivencia.
3.Copia dixitalizada do libro de familia e titulo familia numerosa no seu caso.
4.Certificado de empadroamento da persoa solicitante referido aos seis primeiros meses do ano 2014.
5.Certificado de convivencia.
6.Facturas emitidas no exercicio 2014, en concepto de subministración eléctrica e xustifcante abono das mesmas.
7.Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
O prazo de presentación da solicitude telemática , accedendo a través da páxina web http://www.inega.es (tramitación en liña); permanecerá aberto ata o día 04/11/2014