Este concurso, que se desenvolve dende o ano 2011, é unha das actividades que se promoven dende o Concello para sensibilizar á cidadanía en contra da violencia de xénero, así como dar visibilidade á problemática.
Invitamos a participar a todos aqueles veciños e veciñas que o desexen, tanto de forma individual como grupal e, moi especialmente, ás asociacións e colectivos sociais do Concello. Así coma ás mozas e mozos do mesmo que nos gustaría que nesta edición nos amosasen a súa visión e compromiso con esta terrible realidade. Trátase de reflexionar sobre esta grave problemática e amosar o noso total apoio ás vítimas como institución e como sociedade.
Para a creación dos carteis só se establecen 3 pautas:
- O seu tamaño máximo será en A3.
- A idea que transmita debe buscar a loita pola igualdade e rexeitar a violencia contra as mulleres.
- A autoría do cartel non poderá quedar reflexada no mesmo, para promover a obxectividade das persoas votantes.
Os carteis poderanse entregar ata o xoves 25 de novembro ás 14:00h no servizo de educación familiar do Concello de xeito presencial ou envialos por email.
Tfno. 986790185. E-mail: educadora@rodeiro.gal
Animamos á participación nesta actividade, que terá como premio para o/a gañador/a a realización da campaña de sensibilización contra a violencia de xénero no ano 2021, tal e como estamos a preparar co cartel gañador da anterior edición e que será presentada nos vindeiros días.
O 26 de novembro amosaranse os carteis publicamente na web e abrirase un prazo de 15 días, (ata o 10 de decembro) para que a cidadanía poida votar ao seu preferido telematicamente a través dun formulario na propia web ou no Centro Cultural “Manuel Lamazares” onde se lles facilitará o proceso de votación.