Skip to main content
Novas

Programa Ler conta moito 2020 TARABELA CREATIVA “Obradoiro de narración oral”

By 20 Outubro, 2020No Comments

O Concello de Rodeiro organiza, para celebrar o Día das bibliotecas, unha actividade cultural o vindeiro día 23 de outubro ás 11:00 horas no Centro Cultural Municipal. Carmen Conde, de Tarabela Creativa, levará a cabo un obradoiro baixo o título “Obradoiro de narración oral”. Carmen Conde é narradora oral. Dunha terra na que as historias traspasan idades, tempos, xeracións. Cre que hai que ir á base para salvar a esencia transmisora. Guiada polo espírito de Rodari, percorre Galicia, ensina a través do xogo ás nenas e ós nenos a contar o que lles preste inventar. Traballa a expresión oral, o maxín, o discurso propio, a creación de mundos e algo fundamental: a escoita.

Esta actividade forma parte do Programa Ler conta moito 2020, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.