O Concello de Rodeiro participa na X andaina solidaria contra a violencia de xénero “Camiño ao respecto”, organizada pola Xunta de Galicia.
Unha andaina concibida para que a violencia de xénero non sexa invisible.
A saída será ás 10:00 e a ruta discorrerá polo camiño de Inverno, sairase dende a Casa do Concello e para a volta contaremos con servizo de autobús.
Máis ca nunca deberemos camiñar cara o respecto e cara seguir traballando contra a violencia machista.
A actividade é gratuíta e a inscrición será ata o venres 18 no centro cultural “Manuel Lamazares” ou no teléfono 986 790 301