Skip to main content
Novas

Campaña de sensibilización e prevención da violencia contra as mulleres “Si para ti non vale, para min tampouco. Denuncia o maltrato.”

By 18 Novembro, 2022No Comments

Esta semana dende a Concellería de Igualdade poñemos en marcha unha campaña de sensibilización dirixida a toda a poboación de cara a concienciar e loitar contra a lacra da violencia de xénero. A campaña, cofinanciada pola Deputación de Pontevedra,  inclúese dentro das actividades do proxecto Equal-Camba 2022.

Para a realización da campaña usouse o cartel gañador da XI edición do concurso de “Carteis Igualitarios”. A súa mensaxe céntrase en denunciar e rexeitar todo tipo de maltrato e violencia contra a muller e a súa autoría corresponde a Raquel Rodríguez Rozas, veciña do noso concello.

Recordamos que aínda está o prazo aberto ata o día 25 para participar no concurso deste ano.

Dentro da campaña de sensibilización tamén se inclúe a distribución de 300 bolsas de tea coa imaxe da campaña, así coma dípticos informativos dos recursos existentes na zona para a atención á muller que sofre malos tratos. Trátase de que a información sobre como actuar e a onde acudir chegue á maior parte da poboación de Rodeiro.

Así mesmo, as veciñas/os  e comerciantes que queiran expor o cartel no seu negocio, sede, etc. poden pasar polo Concello a recoller un exemplar ou chamar para que se lle entregue directamente. Tamén pode descargarse directamente para imprimir.